Subida á Picaraña 2017 - Caminhantes do Condado

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal:

Subida á Picaraña 2017

Actividades > Carreiras

Carreira organizada polo Clube Caminhantes do Condado, que se vai desenvolver no Concello de Ponteareas (Pontevedra), e cun percorrido que vai dende a zoa da Piscina Municipal de Ponteareas ata a Cruz da Picaraña, polo tradicional camino da Romería da Picaraña.

Podedes ver o vídeo do recorrido da carreira popular neste enlace.

As inscricións realizaranse a través da páxina web de ChampionChipNorte (www.championchipnorte.com), e pecharanse o XOVES 27/04/2016, ás 23:59 horas.

A recollida de dorsais poderase ralizar o sábado anterior (horario e lugar por concretar) e o mesmo día no pavillón polideportivo anexo á piscina municipal de 9 a 10 horas. Habilítase un servizo de gardaroupa no lugar de saída, que será entregado no avtiuallamento da chegada, na Cruz da Picaraña.
As duchas están situadas na Piscina Municipal de Ponteareas (lugar de saída). Non haberá servizo de autobús desde a meta ata a saída.
Na meta si se poñerán a disposición dos corredores un vestiario seco, en carpas pechadas, onde poderán cambiarse.

SAIDA:

Carreira Popular: ás 10:30
Campionato Galego Cadete: ás 10:45

LUGAR DE SAIDA (ambalas dúas):  Piscina Municipal de Ponteareas (Complexo Deportivo Alvaro Pino).

Cunha distancia de 4 km e un desnivel positivo de aproximadamente 350 metros, supón un verdadeiro desafío para tod@s @s participantes. O terreo polo que discorre será asfalto-terra (pistas).

No campionato Galego categoría catede, a distancia será de 6 km, cun desnivel positivo de aproximadamente 450 metros. O percorrido será común ás dúas carrears nos seus inicios, desviándose aproximadamente no kilómetro 2, para volver a enlazar no kilómetro 3,5, no lugar coñecido como A Chan da Picaraña.

As categorías establecidas son:

Campionato Galego:

- Cadete 15-16-17 anos, que non cumpran os 18 o ano de referencia.

Subida popular:

- Absoluta.
- Júnior: 18-19-20 anos, que non cumpran os 21 no ano de referencia.
- Senior: entre 21 e 39 anos, que non cumpran os 40 no ano de referencia.
- Veterano A: entre 40 e 50 anos, que non cumpran os 51 no ano de referencia.
- Veterano B: dende os 51 anos cumpridos no ano de referencia.

Será necesario un mínimo de 4 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma.

Todos os participantes que no cumpriran os 18 anos, para poder participar na proba deberán achegar autorización paterna (ou titores legais) na recollida do dorsal.

Haberá premios (medallas) para os primeiros clasificados, masculinos e femeninos, de cada una das categorías descritas.

Igualmente haberá un premio en metálico, de 50 €, para record de carreira, masculino e femenino, absoluta.

Record de carreira masculina 2016: 18:40
Record de carreira femenina 2016:    24:01

A inscrición é de 6 € (no campionato galego, con licencia federativa de montaña 3 euros).

Os participantes contarán con un avituallamiento líquido e sólido ao chegar á meta.

PERCORRIDO E GRAFICA DE ALTURA DA CARREIRA POPULAR



PERCORRIDO E GRAFICA DO CAMPEONATO GALEGO



 
Copyright 2016. All rights reserved.
Regreso al contenido | Regreso al menu principal