Subida á Picaraña 2016 - Caminhantes do Condado

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal:

Subida á Picaraña 2016

Actividades > Carreiras

                          


Carreira organizada polo Clube Caminhantes do Condado, que se vai desenvolver no Concello de Ponteareas (Pontevedra), e cun percorrido que vai dende a zoa da Piscina Municipal de Ponteareas ata a Cruz da Picaraña, polo tradicional camino da Romería da Picaraña.

Podedes ver o vídeo do recorrido neste enlace.

As inscricións pecharanse o XOVES 28/04/2016, ás 23:59 horas.

A recollida de dorsais poderase ralizar o sábado anterior (horario e lugar por concretar, pero será de tarde) e o mesmo día no pavillón polideportivo anexo á piscina municipal de 9 a 10 horas. Habilitarse un servizo de gardaroupa nese mesmo lugar, que será entregado no avtiuallamento da chegada, na Cruz da Picaraña.

Saída ás 10:30 dende a Piscina Municipal de Ponteareas (Complexo Deportivo Alvaro Pino).



Cunha distancia de 4 km e un desnivel positivo de aproximadamente 350 metros, supón un verdadeiro desafío para tod@s @s participantes. O terreo polo que discorre será asfalto-terra (pistas).

Poderán inscribirse participantes a partir de 14 anos.

As categorías serán:

– Cadete (14-15)
– Juvenil (16-17)
– Junior (18-19)
– Promesa (20 a 22)
– Senior (23 a 34)
– Veteranos A (35 a 39)
– Veteranos B (40 a 44)
– Veteranos C (45 a 49)
– Veteranos D (50 a 54)
– Veteranos E (55 a 59)
– Veteranos F (60 e máis)

Será necesario mínimo 4 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de saída para a constitución da mesma; os atletas das categorías non constituídas serán asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.

Haberá premios (medallas) para os primeiros clasificados, masculinos e femeninos, de cada una das categorías descritas.

Igualmente haberá un premio en metálico, de 100 €, para record de carreira, masculino e femenino, absoluta. A intención e establecer un premio en metálico (que poderá ser acumulativo) para as seguintes edicións que superen os tempos record establecidos nas anteriores edicións.

A inscrición é de 5 €.

Os participantes contarán con un avituallamiento líquido e sólido ao chegar á meta.

 
Copyright 2016. All rights reserved.
Regreso al contenido | Regreso al menu principal