II Ribeira do Tea - Caminhantes do Condado

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal:

II Ribeira do Tea

Actividades > Carreiras
PRESENTACIÓN DA CARREIRA

Este ano 2017 celebramos a segunda edición da carreira Ribeira do Tea, a cal esperemos que teña gran éxito de articipación e que os corredores que veñan lles guste o percorrido e a organización, para así poder facela durante moitos anos mais.
 
Contaremos con duas distancias:
  • una carreira de 2 km para as categorías xuvenil e infantil.
  • outra de 16 km para absoluta e veterano.
 
Esta carreira é un pouco especial por discorrer ao carón do río Tea, e deste xeito poder disfrutar das súas fermosas vistas e o seu percorrido cambiante. Cando saimos de Salvaterra do Miño temos pista de 8 metros de ancho para despois, ao chegarmos a Ponteareas, pasar a ser un sendeiro de 1,5 metros.  

A carreira queremos que cos anos se convirta nunha das citas obrigadas do calendario e que se dea a coñecer os dous concellos que percorremos, os cales agradecemos a súa colaboración dentro das súas posibilidades.

DATOS TECNICOS DA CARREIRA

DATA DO EVENTO: domingo 30 de xullo do 2017

HORA DE COMEZO:
  • 10:00 horas para a carreira de 2 km.
  • 10:30 horas para a carreira de 16 km (fora de control, peche da carreira: 12:30 horas)
 
LUGAR DE SAÍDA: Fortaleza de Salvaterra de Miño (Coordenadas GPS: 42.0803102, -8.4962591)
 
LUGAR DE CHEGADA:
  • Fortaleza de Salvaterra para a distancia de 2 km.
  • Ponte romano dos Remedios, en San Roque, Ponteareas para a distancia de 16 km (Coordenadas GPS: 42.177416, -8.510994).
 
DISTANCIA:
  • 2 km para categorías infantil e juvenil.
  • 16 km para absoluta e veteranos.

TIPO DE PERCORRIDO: Camiño de terra e sendeiro

AVITUALLAMIENTOS:
Na proba de 2 km haberá un avituallamiento líquido na meta.
Na distancia de 16 km, líquido nos kms 7 e 12 e líquido e sólido na meta.
 
RECOLLIDA DORSAIS:
  • Sábado 29 dexullo de 16:00 a 17:30 no Pabillón Alvaro Pino de Ponteareas
  • Domingo 30 de xullo de 8:00 a 9:00 (hora de saída do autobús desde Ponteareas a Salvaterra) Pabillón Alvaro Pino de Ponteareas
  • Domingo 30 de xullo de 9:15 (chegada do bus) a 10:00 na Fortaleza de Salvaterra de Miño.
 
SERVICIO DE GARDAROUPA:  
Recollida de bolsas na Fortaleza ata as 09:50 horas.
 
SAIDA DO AUTOBÚS:
Os que soliciten servicio de autobús terán que cóllelo no pavillón Alvaro Pino de Ponteareas as 9:00 horas, que os levará ata a saída en Salvaterra do Miño.
 
CATEGORÍAS (masculino e feminino)·        
  • Infantil: 10, 11,12 e 13 anos que non cumpran os 14 no ano de referencia.       
  • Xuvenil: 14, 15, 16 e 17 anos que non cumpran os 18 no ano de referencia.
  • Absoluta
  • Veteranos/as A: Entre 40 e 50 anos, que non cumpran os 51 no ano de referencia.
  • Veteranos/as B: Desde 51 anos cumpridos no ano de referencia.
 
INSCRICIÓNS:
Faranse na web www.championchipnorte.com dende o 15 de xuño ata o 27 de xullo 2017 (23:59 horas).
Prezo:
·   10 euros para a carreira de 16 km, e se precisan servizo de autobús 12 euros.
·   3 euros para a carreira de 2 km.
A inscrición quedará limitada a 200 participantes.

DATOS DE INTERÉS PARA O CORREDOR
 
  • Asistencia médica coa presencia de ambulancia é médico.                                                
  • Sinalización de todo o percorrido.
  • Dous avituallamentos liquidos intermedios e outro sólido e líquido en meta.
  • Servizo de gardaroupa para os participantes, con entrega das bolsas en Salvaterra e recollida na meta en Ponteareas.
  • Servizo de duchas e vestiarios.
  • Parquin.
  • Cortes de carretera no percorrido.
  • Servizo de autobuses dende o Complexo Alvaro Pino de Ponteareas ata saida, para quen o solicíte.
  • Bolsa de corredor.
  • Agasallos dos patrocinadores.
  • Trofeos e medallas.
  • Seguro de responsabilidad civil.
 
 



 
Copyright 2016. All rights reserved.
Regreso al contenido | Regreso al menu principal