I Ribeira do Tea - Caminhantes do Condado

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal:

I Ribeira do Tea

Actividades > Carreiras


Carreira organizada polo Clube Caminhantes do Condado, que se vai desenvolver pola sendeira do Río Tea, partindo dende o parque da Canuda, no Concello de Salvaterra de Miño, rematando na Ponte dos Remedios (ou Ponte Romana), no Concello de Ponteareas
 
A saída terá lugar no final do Parque da Canuda de Salvaterra de Miño (xunto á depuradora) as 10.00 horas. Despois a proba discorrerá pola ribeira do río Tea, polo sendeiro que usan os pescadores, pasando polas parroquias de Salvaterra de Miño, Pesqueiras, Fornelos da Ribeira, Moreira, Angoares e Ponteareas, para rematar na ponte romana de Os Remedios en Ponteareas. Os corredores completarán un percorrido de 14.500 m, e terán o tempo máximo para rematar o percorrido de 2 horas.

Horario dá saída: 10:00h e fora de control as 12:00
 
Poremos un servicio de autobús, que se fará efectiva coa inscrición, e que estará dispoñible dende as 9:00 no pavillón Alvaro Pino de Ponteareas e que sairá ás 9:50 horas teremos na saída o control de dorsais.

As inscricións pecharanse o DOMINGO 11/09/2016, ás 23:59 horas.

A recollida de dorsais farase no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas entre as 16:00 e as 17:30 do sábado día 17 e no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas entre as 08:00 e as 09:00 do día 18 día proba.

Habilitarse un servizo de gardaroupa na saída en Salvaterra, que será entregado no avtiuallamento da chegada, en Ponteareas.

Categorías Establecidas:
 
  • Absoluta: Femenina (de 18 a 39 anos) e masculina (de18 a 44 anos).
  • Veteranos: Femenina ( de 40 en diante) e masculina ( de 45 en diante)

Haberá premios (medallas) para os primeiros clasificados, masculinos e femeninos, de cada una das categorías descritas.

A inscrición é de 10 € se non se fai uso do servizo de autobús, e de 12 € en caso de solicitar o servizo de autobús. A elección deberá facerse no momento da inscrición.

Os participantes contarán con un avituallamiento líquido na metade do percorrido e un líquido e sólido ao chegar á meta.



 
Copyright 2016. All rights reserved.
Regreso al contenido | Regreso al menu principal